Na Semana Santa do 2009,inauguramo-lo HOTEL ROLLE en Ribadeo, situado en pleno centro do casco histórico a 100m. do paseo marítimo e do porto deportivo de Porcillan e inmediato á zona peatonal e comercial, a plaza de España, o Concello e a 200m. do noso restaurante OVIEDO BAR 2 ROLLE.
O Hotel está construído nunha antigua casona de comerciantes do siglo XVIII que avituallaba ós barcos que partían cara ás Américas. Combinando materiais tradicionais como a pedra e a madeira e algúns destos novos tempos, conseguimos darlle un estilo funcional que esperamos que sea do seu agrado.
Pode visitalo casco vello no que estamos ubicados no medio do Camiño de Santiago, ou ben a incomparable praia de As Catedráis (Las Catedrales) e no camiño o agreste Porto de Rinlo.
Outra suxestión é a veciña Asturias cos Oscos e Taramundi a 30 minutos.